Acaba de comezar unha nova tempada nos deportes de Orientación e, co fin de que todos os amantes da natureza e das actividades ao aire libre, teñan a oportunidade de coñecer este apaixonante deporte, invitámolos a participar connosco nun curso teórico-práctico que organiza o Club Pena Trevinca Barco, os días 19 e 20 de febreiro.
A orientación é un deporte para todas as idades sen importar a forma física ou o nivel técnico. Nas probas atopamos nenos, maiores e ata deportistas do mais alto nivel que gozamos paseando polo monte. En todas as carreiras da liga galega atopamos percorridos de iniciación para nenos e maiores.
Programa:
- Venres 19: as 20 h. na oficina do club Pena Trevinca Barco (Pavillón de Calabagueiros).
"Carreiras de Orientación: uso do mapa e o compás"
- Sábado 20: de 10 h. a 13h. na fonte do Castro (á beira do Pazo do Castro). Práctica: percorrido de iniciación nos primeiros tramos por orientadores do club.
Inscrición gratuíta ata o xoves 18 de febreiro en: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou nos teléfonos 988 32 08 69 ou 698 162 273.
Anímate e participa dun deporte que mantén en forma a túa mente e o teu corpo!