O pasado sábado 3 de decembro no Parque de Acea da Ma de Culleredo (A Coruña) con motivo da entrega dos premios do ranquing federado de orientación pedestre galego 2011 organizado por AGaCO, o Club Peña Trevinca Barco contou no podium coa nosa participante Milagros Aller Pfirter acadando o terceiro posto do Podium na categoría M12 (tendo en conta que ten 10 anos). Noraboa a nosa xoven representante.















