Club Trevinca Barco

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Home Noticias de interese
Últimas Noticias

CAMPIONATO GALEGO SNOWBOARD SBX

Correo-e Imprimir PDF

O vindeiro 22 de xaneiro de 2012, coincidindo có World Snow Day da FIS, celébrase o CAMPIONATO GALEGO DE SNOWBOARD na modalidade de SBX (Snowboard Cross) na Estación de Montaña de Manzaneda.

A pista elixida, se as condicións de neve o permiten, será a de Fontefría. 

O prazo de inscrición remata o 11 de xaneiro.

Poderán participar os corredores en posesión da Tarxeta de Federado para a presente tempada. No archivo adxunto podes ver o programa da competición con toda a información de datas, regulamento, cotas de inscrición… Para calquera consulta ou aclaración ou si queres participar, contacta co Club.

CtoGalegoSnowboard2012.pdf 

 

CURSO DE MONTAÑA INVERNAL

Correo-e Imprimir PDF

Os nosos amigos de O Trisquel orgaízan un curso de "Técnicas de Montaña Invernal" de catro días de duración para o mes de Xaneiro. Podes ver mais datos sobre o curso no archivo:

Montaa_invernal_xaneiro_2012.pdf 

 

PREMIOS NA GALA DE ORIENTACIÓN

Correo-e Imprimir PDF

O pasado sábado 3 de decembro no Parque de Acea da Ma de Culleredo (A Coruña) con motivo da entrega dos premios do ranquing federado de orientación pedestre galego 2011 organizado por AGaCO, o Club Peña Trevinca Barco contou no podium  coa nosa participante  Milagros Aller Pfirter acadando o terceiro posto do Podium na categoría M12 (tendo en conta que ten 10 anos). Noraboa a nosa xoven representante.

Mila__en_podium

Mila_con_la_placa

 

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL

Correo-e Imprimir PDF

CONVOCASE A TÓDOLOS SOCIOS PARA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

DATA: VENRES 25 DE NOVEMBRO DE 2011 

HORA: 19:45 (1ª CONVOCATORIA);  20,15 (2ª CONVOCATORIA E ÚLTIMA) 

LUGAR:  LOCAL SOCIAL NO POLIDEPORTIVO DE CALABAGUEIROS 

ASUNTOS A TRATAR: 

  1. LECTURA DO ACTA ANTERIOR E A SUA APROBACIÓN SI PROCEDE
  2. BALANCE DO ANO 2011 E ESTADO DAS CONTAS
  3. PROXECTOS E PRESUPOSTO PARA O ANO 2012
  4. PROPOSTAS, ROGOS E PREGUNTAS

O REMATE DA ASAMBLEA OFRECERASE UN VIÑO E UNS PINCHOS OS SOCIOS ASISTENTES.

UN SAÚDO

A XUNTA DIRECTIVA

 

SUSPENDESE A MARCHA DE OS PEARES

Correo-e Imprimir PDF
SUSPENDESE A MARCHA DO GR-56 DE "OS PEARES" PROGRAMADA PARA O DOMINGO 20 DE NOVEMBRO
 


Páxina 1 de 7

Novidades

MANDANOS O TEU CORREO ELECTRÓNICO E TERÁS TODA A INFORMACIÓN E AS NOVAS NO MESMO DÍA QUE SE PRODUZAN.