Club Trevinca Barco

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Home Mapas e Rutas Mapas e Rutas RUTA DO TEIXADAL

RUTA DO TEIXADAL

Correo-e Imprimir PDF

Esta ruta será a máis aconsellable se non se dispón de todoterreo para acceder polas antigas minas de Valborraz. Partimos do mesmo punto que as outras rutas, deixando o coche na pequena chaira do cruzamento de camiños. Ascendemos polos vertedoiros ata chegar ao alto de a Cabrita, empregariamos ata aquí uns 25 minutos; neste punto, un indicador á nosa dereita sinálanos a dirección que debemos seguir.

Comezamos o descenso pola loma ata chegar ao Campo de Valborraz; desde aquí as marcas guiarannos ladeira abaixo, sendo importante baixala con precaución, pois o desnivel é bastante acusado.
Baixaremos en zigzag ata atoparnos co camiño que vén das minas, torcemos á esquerda e continuamos polo carreiro que nos conducirá nuns 28 minutos á entrada do Teixadal. Cruzamos o arroio para penetrarnos no máxico mundo deste bosque. A volta realízase polo mesmo itinerario tendo en conta a pendente que nos espera na subida cara ao alto da Cabrita. (Recoméndase levar pantalóns longos).

Este bosque está catalogado por importantes investigadores e científicos como unha xoia botánica, único na Península Ibérica .Ten unha extensión de seis Ha. e coas seguintes especies: acivros, avellanos, carballos e uns catrocentos "teixos" que se concentran na súa maioría na marxe esquerda do regacho Penedo.

DATOS TÉCNICOS

· TRAXECTO TOTAL: 8 Km 600m

· TEMPO TOTAL: 4 h

· ASCENSO TOTAL: 874 m

· DESCENSO TOTAL: 737 m

· ALTURA MÁXIMA: 1837 m

· ALTURA MÍNIMA: 1328 m

AVISO: En caso de acceder en todoterreo pola Capela de San Gil, seguindo a pista das minas de Valborraz debemos chegar ao alto do "Paso do Seixo", deixando aquí o todoterreo e comezamos a camiñada. Debemos ter en conta que desde aquí tardamos 5 horas.

 

Novidades

XA PODES SOLICITAR NO CLUB AS TARXETAS DE FEDERADO PARA O ANO 2012. ¡¡FEDÉRATE!!