Club Trevinca Barco

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Home Mapas e Rutas Mapas e Rutas CHEGAR A FONTE DA COVA

CHEGAR A FONTE DA COVA

Correo-e Imprimir PDF

 CHEGAR A FONTE DÁ COVA:

No oriente ourensán, está a estación invernal de Trevinca e o pico máis alto da Comunidade Autónoma, Pena Trevinca, con 2124 m. Un lugar idóneo para a práctica dos deportes de inverno, con instalacións adecuadas para o esquí de montaña e abundancia de neve en toda a época invernal.

 ourense-out

valdeorras

A pesar de que as instalacións podían ser mellores, achegarse ata Trevinca constituirá unha excursión inesquecible, onde a convivencia coa paz, o acougo e a enternecedora brisa da alta montaña serán compañeiros inseparables.

Para chegar a Trevinca desde O Barco (33 Km) debemos seguir pola estrada vella de Ponferrada ata Sobradelo, e unha vez alí, no primeiro cruzamento viraremos á dereita tomando a estrada OU-122 e, remontando a canle do río Casaio durante 17 Km., poderemos ver toda a conca louseira ( a estrada é boa e con bo firme). Chegados ao desvío do pobo de Casaio (estrada OU-123) que queda á dereita, seguimos cara á esquerda ascendendo ata "Fonte da Cova" no Km 26, onde está situado un refuxio de montaña (xestionado polo Club) e se se quere pasar alí a noite, é necesario solicitar as chaves no Club, e tamén atopamos o Centro de Desenvolvemento Rural con cafetería e restaurante.

 

 

Novidades

XA PODES SOLICITAR NO CLUB AS TARXETAS DE FEDERADO PARA O ANO 2012. ¡¡FEDÉRATE!!