O vindeiro
sábado 27 e domingo 28 de febreiro de 2010, realizaremos unha actividade en conxunto co Club Pena Trevinca de Vigo, a mesma está destinada só a socios do club Pena Trevinca Barco. Sairemos o sábado pola tarde (ao redor das 16 h.) con destino a Chandrexa, onde cearemos e pasaremos a noite no albergue (hai que levar saco). O domingo almorzaremos no albergue e faremos unha marcha conxunta. A marcha non é de ida e volta, o autobús iranos a buscar a outro punto. As prazas son limitadas (15), e adxudicadas por orde de inscrición. O prezo da actividade inclúe cea, albergue (levar saco), almorzo e transporte.
Inscrición ata o 23 de febreiro ao 988 32 08 69 ou ao correo electrónico
socios@clubtrevincabarco.orgPrezo Federados (FGM): 30 euros
Prezo Non Federados: 35 euros